Unha utopía viaxeira
A semana pasada, vía redes sociais, puiden ler unha mensaxe de apoio ó Colectivo Berra! enviada dende terras Asiáticas. Reconforta saber que hai xente que, aínda estando tan lonxe, valora e recoñece o esforzo e a utilidade de asociacións e colectivos coma Berra!.
A mensaxe está escrita dende Vietnam por dous mozos de Vigo (do Calvario para ser mais exactos) que, dende Febreiro, están a recorrer o globo terráqueo. Levan o nome de Galiza alá onde pisan e, porque non dicilo, tamén o do Celtiña, seu equipo da alma, pero ante todo, levan o espírito aberto para impregnarse de cada pobo de este planeta.
A súa viaxe está a ser unha preparación, unha aprendizaxe, un adestramento para o seu fin, que non é outro que, coma eles mesmos afirman, “loitar por muda-lo sistema que rixe o funcionamento do mundo”.
Están recollendo vivencias, mudando a forma de pensar e de comprende-las cousas a base de visitar e coñecer diferentes pobos e culturas, están a cumprir un soño e sacando un proveito tremendo de esa experiencia.
Resúltame moi admirable que exista xente así, tan idealista e tan decidida, xente que non se refuxia en nada, senón que buscan, camiñando polo mundo, a liberdade e a xustiza para este planeta masacrado polo capitalismo. Ó meu entender esta parella sabe o que quere e están a facer posible algo que, de seguro, en un principio, parecía inalcanzable. Eles son pois outra Utopía emerxente...
Recoméndovos que sigades o seu blog (Pinchar na imaxe).
* Gabri DKR 27/12/2012
Utopías...
Atopámonos nunha situación complicada, na que, coma sempre que se produce unha "crise" ou "conflito", uns se benefician e aproveitan o momento para enriquecerse e coller máis poder.
Unha situación na que vulnéranse os nosos dereitos máis fundamentais, como é o dereito á educación e a sanidade pública. Na que os recortes recaen nas clases media e baixa, acentuando as desigualdades sociais.
Unha situación na que "o poder" non pode facer outra cousa que mentir e enganar, e toma o control dos medios públicos para tentar "limpar" a súa imaxe.
Unha situación na que para "o poder" é máis importante subvencionar á Igrexa con miles de millóns de euros que axudar a tódalas persoas que están por debaixo do umbral da pobreza e que están sendo desahuciadas.
Por todo isto é necesario que teñamos un pensamento crítico, que non nos deixemos pisotear, temos que reaccionar!! O noso futuro está nas nosas mans e non o podemos deixar escapar, e o noso momento!!
Ata a victoria sempre!!
* Carlos DKR 17/10/2012
Pai
Haberá quen diga dor, mais eu creo que é mais grande o ORGULLO que sinto tras o falecemento do meu amigo, do meu compañeiro, do meu pai. Orgullo polo que foi e polo que deixou ó meu carón. Deixounos ben rodeados, na senda dunha loita que ademais de constante acción nos regala amizades enormes, almas grandes que sinten coma nós, que vibran coma nós e que camiñan onda nós. Sementou algo que está a crecer, por iso non podo sentir que marchou mentras teña @s compas conmigo. Nas vosas miradas está el, nas vosas verbas esta el, nas vosas mostras de amor está el. Sinto que, a pesar de ser fillo único, teño moitos irmáns e irmás, pois moit@s son os que falan de que fican un pouco orfos ca perda do "Guardián da Ría".
Meu compañeiro, estamos ben, seguiremos adiante na vida e na loita, vivindo o momento e conservando a alegría. E volveremos a brindar por ti, unha e mil veces, coma o día do teu enterro, no Marrucho, rodeados de amig@s nun ambiente que reconforta e no que te sentimos moi preto.
Pai, Irmán, amigo, compañeiro, camarada...non te despido porque vas estar sempre conmigo.
Quérote.
Biel.
Gabri DKR 23/2/2012
Balance de daños...
Ha sido muy dificil trabajar en las condiciones extramusicales que gobernantes y demás especuladores nos han dejado. La situación de injusticia que ahora vivimos y que hemos sufridofuertemente duramente este 2011, no han sido impedimento para que Dakidarría continúe trabajando y ofreciendo lo que mejor sabe hacer: dar el 100%
Además de la edición de nuestro 4º álbum, "...Utopías emergentes" y su distribución con Maldito Digital, finalizamos nuestra anterior gira "La Realidad es mentira Tour" con mas de 50 conciertos, publicamos 2 videoclips ("Despertar" y "Sigue ardiendo"), buscamos una nueva manera de promocionar nuestro nuevo disco mediante spots publicitarios, llegando a crear una pequeña miniserie gracias a la ayuda de Sam Joe y Julián Maguna, el estreno de esta nueva web interactiva, la creación de nuestra nueva tienda on-line en Habitus (www.lawebdehabitus.com/dakidarria), la planificación de la nueva gira 2012 "La utopía eres ToÚr", etc...
Todo ello ha sido posible gracias al apoyo de todos vosotr@s y a la implicación de los miembros de Dakidarría en este proyecto con vida propia.
Gracias compañeros, nos vemos en la carretera!
Juaqui DKR 31/12/2011
Reflexións dkr

A utopía somos tod@s
Benvid@s!!
É difícil pensar no positivo vivindo no planeta no que vivimos e pertencendo á especie á que pertencemos. Pero dende fai un tempo doume conta de que é a única maneira de escapar a esta tendencia de asumir que todo está perdido, actitude que facilita o camiño ó sistema. Debemos confiar porque é real. Somos moit@s e podemos cambialo.
So necesitamos iso, confianza. Dende aquí estaremos en contacto, falaremos, intercambiaremos ideas e tentaremos avanzar ata esa utopía na que podamos crea unha comunidade en equilibro co planeta e demais seres vivos que o poboan.
Algo está claro... o sistema colgouse e hai que reinicialo...
Por onde comezamos?
* Gabri DKR 24/11/2011


